
- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2013
- Materia
- Libros ilustrados
- ISBN:
- 978-84-8464-832-1
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 40
A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES
TURIN, ADELA
Hai máis de trinta anos, Adela Turín comezou a publicar
en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que ao pouco
tempo foi editada en España por Esther Tusquets co título
«A favor de las niñas». Converteuse axiña nunha serie de referencia
para a coeducación e para a igualdade, e foi traducida a varias
linguas. A pesar do tempo transcorrido, na actualidade
estes libros teñen plena vixencia e seguen sendo necesarios.
Bonobos e bonobas tiñan un estatus moi desigual na fraga
onde vivían todos xuntos. Eles comían o que elas recolectaban;
eles viaxaban, aprendían e modernizábanse pero non aceptaban
que elas tamén evolucionaran e burlábanse do seu aspecto.
Tiñan a errónea teoría de que a educación e o progreso
do grupo enteiro era prexudicial; ata que as bonobas
cansaron de aturar ese comportamento tan egoísta.