
- Editorial:
- EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
- Materia
- Catalán
- ISBN:
- 978-84-9914-429-0
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 368
- Encuadernación:
- Bolsillo
A NARRATIVA XUVENIL A DEBATE (2000-2011)
RED TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN "LIJMI"
Os membros da Red Temática de Investigación "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI) reúnen neste volume unha serie de traballos baixo o título A narrativa xuvenil a debate (2000 2011). Tras dous artigos teóricos que estabelecen os trazos dominantes na narrativa xuvenil máis recente, ofrécese unha selección de obras publicadas no período estudado, pertencentes ao marco ibérico e iberoamericano e da literatura inglesa, co obxectivo de dar a coñecer obras que destacan pola súa calidade.
O volume complétase con vinte e dous comentarios críticos pormenorizados, co fin de facilitarlles ao público interesado e aos profesionais da mediación algunhas claves de aproximación para o uso destas narracións xuvenís na educación literaria.