
- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2012
- Materia
- Libros ilustrados
- ISBN:
- 978-84-8464-805-5
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 32
BANDADA
V PREMIO COMPOSTELA
ÁLVAREZ, DAVID DANIEL
Un día, as aves pousaron a súa mirada máis alá das ramas
e das follas e imaxinaron unha vida distinta.
Así comezou unha nova era. Explicáronlles ás súas crías
o porqué e o como de todo o que as rodeaba...
Bandada foi a obra gañadora do V Premio Internacional
Compostela de Álbum Ilustrado entre os 256 traballos
que optaron ao certame, procedentes de 19 países. O relato,
a base de frases breves e sutís, propón unha profunda reflexión
sobre a historia da humanidade: o desenvolvemento
dunha sociedade que inicialmente busca o coñecemento,
o progreso técnico e científico, o benestar e un bo porvir,
pero que nese tránsito perverte os seus principios, xera violencia
e dominación dos fortes sobre os débiles.