- Editorial:
- EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
- Materia
- Cuentos
- ISBN:
- 978-84-9782-422-4
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 32
- Encuadernación:
- Bolsillo
- Edad:
- +3
CARLOTA E A GAIVOTA PATIAMARELA
MIRO VILLAR
O río non tiña segredos para Carlota, a marmota, mais nunca vira o mar. Carlota decidiu resolver ese misterio louco andando veloz seguindo o curso do río ata chegar a un deserto negro e frío. ¿Era o mar aquela cousa tan fea que nin se podía ollar? ¿Qué animal descoñecido, enterrado no chan, intentaba saír do chapapote?
Carlota e a gaivota patiamarela é a terceira entrega da exitosa serie de álbums, protagonizados pola simpática marmota Carlota, escritos por Miro Villar e ilustrados por Enjamio. Desta volta a protagonista emprenderá unha viaxe río abaixo ata atopar no esteiro a desfeita provocada polos verquidos do chapapote. Un álbum dirixido aos primeiros lectores e para ser lido por pais e profesores a aqueles que aínda non len.