- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2011
- Materia
- Libros ilustrados
- ISBN:
- 978-84-8464-759-1
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 160
CONTOS POR TELÉFONO
RODARI, GIANNI
Era unha vez...
... o Sr. Bianchi, de Varese. Era representante de comercio
e seis de cada sete días pasábaos viaxando por toda Italia,
do leste ao oeste, ao sur, ao norte e polo medio,
vendendo medicamentos. O domingo volvía á casa,
e o luns pola mañá marchaba outra vez. Pero antes de partir,
a filla dicíalle: «Por favor, papá: cada noite, un conto».
Os 70 relatos deste libro maxistral son alfaias da literatura
breve, exercicios de imaxinación a raudais adobiadas
de sentido do humor e surrealismo. Uns beben das fontes
de clásicos como a Alicia de Carroll ou inspíranse nos contos
tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectos
inexistentes nomeados con palabras inventadas. Gianni Rodari
xoga coa sonoridade da linguaxe, practica unha escrita
metafórica de frases curtas e directas coa que potencia
a oralidade.