- Editorial:
- HERCULES EDICIONES
- Año de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-92715-88-6
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 536
?HISTORIA CONTEMPORÁNEA DE GALICIA. FINAIS DO SÉCULO XX PRINCIPIOS DO SÉCULO XXI?
VARIOS AUTORES
A Historia de Galicia desde as últimas décadas do pasado século ata hoxe.
Ese é o novo reto de Hércules de Ediciones, que aborda as últimas décadas da nosa historia, con todo o que iso conleva: Dende a etapa preautonómica ata os primeiros presidentes
preautonómicos (Antonio Rosón e Xosé Quiroga Suárez), o primeiro capítulo debulla a maneira en que o artellamento político de Galicia da os primeiros pasos cara á democracia.
A seguir, a construcción da Autonomía comeza coas primeiras eleccións autonómicas, a constitución do Parlamento e o investimento de Xerardo Fernández Albor como presidente dunha Xunta que aínda non tiña sede fixa. O regreso dos restos de Castelao, o ingreso na Comunidade Económica Europea ou o nacemento de RTVG son algúns dos feitos máis salientables daquel tempo.
Unha moción de censura desbotou a Albor da cadeira presidencial e un novísimo Fernando González Laxe ocupou o seu sitio á fronte dun goberno tripartito que creou as universidades da Coruña e Vigo.
Manuel Fraga desembarca en Galicia para quedarse durante tres lustros: os grandes eixos de comunicación, o traspaso de competencias sanitarias, o Xacobeo?, a Cidade da Cultura e,
finalmente, o Prestige.
Emilio Pérez Touriño na presidencia e Anxo Quintana na vicepresidencia, gobernarán catro anos poñendo o acento nas políticas públicas e na ordenación urbanística.
Alberto Núñez Feijóo convérsese en presidente ao primeiro intento e da un xiro completo á política anterior. Na peor crise da historia do noso país, coa extinción das caixas de aforros e a
desaparición do Banco Pastor, é quen de refrendar un segundo mandato.
A abdicación do rei Juan Carlos I pecha un ciclo convulso e de agotamento do modelo da transición, que se ten que reinventar.