- Editorial:
- OQO, EDITORA
- Año de edición:
- 2023
- Materia
- Libros ilustrados de cuentos
- ISBN:
- 978-84-9871-702-0
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 36
O EMBIGO DE XANECAS
ARAGÜES PELEATO, RAMÓN
Xanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un novo descubrimento.
Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados
Para apurar máis, Xanecas fregábase tamén co xabón. De súpeto, afundíuselle o dedo nun burato da barriga. Que pasara?.
Tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: E por que teño embigo?.
A cousa é que Xanecas está nunha das etapas máis divertidas da infancia: a das preguntas. Por iso quere saber o porqué de todo, e interroga a papá, á irmá máis vella, ao avó...
Aproveitando a inocencia do pequeno, cada quen irá inventando unha trola sobre o estraño buraco. Finalmente, a nai desvela a verdadeira razón da existencia do embigo, e, de paso, un dos grandes misterios da vida.
As ilustracións de Francesca Chessatransmiten a espontaneidade e naturalidade dos xestos infantís. Son imaxes coloristas e desenfadadas, concibidas para que os cativos se identifiquen cos escenarios, os personaxes e o comportamento dos protagonistas.
Este álbum constitúe un valioso recurso co que lles explicar dun xeito sinxelo e divertido o misterio do embigo.