- Editorial:
- EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
- Materia
- Sobre animales y naturaleza
- ISBN:
- 978-84-9914-489-4
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 72
- Encuadernación:
- Cartoné
- Edad:
- +6
O GATO FANTASMA
XELÍS DE TORO
Rolo e Pestiña son moi amigos, que non noivos, e sempre ao saír da escola van xuntos para a casa. Pero aquel día en que todo comezou, Pestiña non daba chegado á praza do camelio, onde sempre quedaban. Mentres Rolo agardaba comezou a chover; estábase poñendo coma un pito. Logo dun anaco viu aberto un portal dunha casa e foi correndo a refuxiarse. Dende alí vería ben a Pestiña.
Rolo nunca reparara nese portal, que máis ben parecía unha cova. E Pestiña sen aparecer! De repente Rolo escoitou un ruído ás súas costas que o asustou: era un gato cun ratiño na boca. Sería o gato do que todos falaban no recreo, o tal Rabudo, o que lle podía a un pastor alemán?
A partir dese encontro entre Rolo e o gato fantasma todo comezou a cambiar...