- Editorial:
- EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
- Materia
- Poesía
- ISBN:
- 978-84-9914-211-1
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 72
- Encuadernación:
- Bolsillo
- Edad:
- +6
O MEU GATO É UN POETA
FRAN ALONSO
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida.
O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto.
O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.franalonso.gal. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas...