- Editorial:
- EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
- Año de edición:
- 2009
- Materia
- Ciencia ficción
- ISBN:
- 978-84-9914-051-3
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 128
- Encuadernación:
- Bolsillo
- Edad:
- +9
O MONSTRO DAS PALABRAS
MARÍA REIMÓNDEZ
Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa "normal", que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras.
O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. "A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos" escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.