- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-1343-255-7
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 216
- Encuadernación:
- Bolsillo
OS LIBROS E A BELEZA
SOMOS ANIMAIS POÉTICOS
PETIT, MICHÈLE
Unha reflexión imprescindible sobre a importancia da arte e da literatura, da beleza como feito fundamental e da necesidade do inútil.
Este volume reúne cinco ensaios da antropóloga francesa escritos orixinalmente como conferencias. Tomando como punto de partida dúas teses -a beleza como necesidade universal para o ser humano e a nosa condición de seres poéticos a quen o meramente útil nos resulta insuficiente-, Michèle Petit nos convida á reflexión.
Un libro que defende o poder da beleza para transformar as peores experiencias en tempos tráxicos; que denuncia as dificultades da transmisión cultural, sobre todo, no exilio e a súa consecuente desintonización social; que nos lembra que estamos formados por paisaxes interiores, así como a nosa necesidade de habitar espazos soñados e imaxinados; que nos fala sobre como redescubrir os nosos soños a través da literatura, sobre esas casas de pensamento que son as bibliotecas e tamén sobre a lectura en tempos de pandemia.