- Editorial:
- HERCULES EDICIONES
- Año de edición:
- 2013
- ISBN:
- 978-84-92715-59-6
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 528
- Encuadernación:
- Tela
PODER EMPRESARIAL EN GALICIA
VARIOS AUTORES
O volume 64 do Proxecto Galicia é o quinto e último da serie de Economía. Medio centenar de autores colaboraron na elaboración da serie, entre os que se atopan expertos na materia, profesores de universidade e catedráticos, co obxectivo de recoller unha visión de Galicia que reflicta os trazos do seu funcionamento e comportamento e tamén a vontade de colaborar para resolver as múltiples, variadas e complexas solucións aos problemas actuais e algúns que se presaxian.
Da man de Fernando González Laxe, José Luis Gómez e Julián Rodríguez Moscoso, ?Poder empresarial en Galicia? constitúe unha radiografía dos principais grupos empresariais de capital galego e con presencia en Galicia. Estructúrase en oito grandes capítulos que repasan a historia, as estrategias e o futuro dos grandes motores de crecimento dunha economía emergente.
Galicia configúrase xa como un polo imprescindible para coñecer a realidade empresarial española. Compañías que son multinacionais, líderes nos seus respectivos sectores, e que afrontaron ambiciosos procesos de internacionalización, conforman o grueso dun tecido productivo que se empeña en converter en historia un tópico, o do illamento, vinculado durante décadas á economía galega.
Os capítulos son:
1. Análise da competitividade empresarial de Galicia
2. De Holdings familiares a multinacionais
3. Chegan a innovación e os grupos emerxentes
4. Un sistema financeiro histórico
5. A agroalimentación pecha o ciclo
6. A hora da Enerxía
7. Motores de crecemento
8- A asimilación de capital foráneo