
- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2024
- Materia
- Libros ilustrados
- ISBN:
- 978-84-1343-285-4
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 44
TARDE DE SAPO
MUTUBERRIA, MAITE
Tarde de sapo é un álbum ilustrado divertidísimo cun ritmo narrativo crecente que conduce o lector ata o seu inesperado final.
Os seus protagonistas exprésanse dunha forma peculiar, utilizando xogos fónicos e onomatopeas, recursos que apoian a narración e contribúen a dotalos de personalidade.
Maite Mutuberria fai uso dunha linguaxe próxima ao cómic, con indicacións de movemento, expresións xestuais, bocadillos e abundantes recursos simbólicos que acentúan o carácter humorístico da proposta.
A autora escribe, ilustra e deseña unha proposta que a levou a ser finalista do XVI Premio Compostela e cuxo texto, escrito en letra maiúscula, fai desta obra para prelectores un recurso ideal para os nenos e as nenas que comezan a ler.