- Editorial:
- EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
- Año de edición:
- 2009
- Materia
- Ficción histórica
- ISBN:
- 978-84-9782-723-2
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 192
- Encuadernación:
- Bolsillo
- Edad:
- +9
VELENO TINTO
RAMÓN CARREDANO COBAS
Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime.
Veleno tinto é unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis singulares e divertidos da nosa narrativa actual.