- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2004
- Materia
- Libros ilustrados
- ISBN:
- 978-84-8464-101-8
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 32
UN PESADELO NO MEU ARMARIO
MAYER, MERCER
No meu armario había un pesadelo.
Antes de deitarme, sempre cerraba a porta do armario.
Tiña medo de virarme e mirar. Metido na cama,
ás veces atrevíame a botar unha ollada.
Unha noite decidín librarme do meu pesadelo para sempre...
Un pesadelo no meu armario trata sobre o medo infantil
narrado en primeira persoa, cunha gran dose de humor
e de tenrura. O neno protagonista do conto decide rebelarse
contra os seus temores e enfrontarse ao seu pesadelo
imaxinario que, ao final, non é tan temible como esperaba.
As ilustracións son gravados coloreados, moi expresivos,
que nos presentan un monstro doce e entrañable que,
á súa vez, tamén sofre os seus propios desvelos.
Un pesadelo no meu armario está especialmente indicado
para os pequenos -e non tan pequenos- que seguen vendo
bestas terribles ao apagar a luz polas noites.