0

Gallego 835 resultados

  • TARDE DE SAPO -5%
    TARDE DE SAPO
    MUTUBERRIA, MAITE
    Tarde de sapo é un álbum ilustrado divertidísimo cun ritmo narrativo crecente que conduce o lector ata o seu inesperado final. Os seus protagonistas exprésanse dunha forma peculiar, utilizando xogos fónicos e onomatopeas, recursos que apoian a narración e contribúen a dotalos de personalidade. Maite Mutuberria fai uso dunha linguaxe próxima ao cómic, con indicacións de movemen...
    Entrega en 24 - 48h

    14,00 €13,30 €

  • PUBERDADE EN MARCHA -5%
    PUBERDADE EN MARCHA
    CALVO, GLORIA A.
    Unha guía esencial para mozas e mozos que comezan a etapa da puberdade escrita con claridade e rigor. Que é a menstruación? Que teñen que ver os cambios coa reprodución? Que é a masturbación? Estas son só tres das moitas preguntas ás que Puberdade en marcha dá resposta de forma clara e dinámica, incluíndo consellos, refutando mitos e animando a formularse preguntas que poder c...
    Entrega en 24 - 48h

    17,00 €16,15 €

  • VARETAI. PROTECTORA DE ESPÍRITOS -5%
    VARETAI. PROTECTORA DE ESPÍRITOS
    ALBA DE EVAN
    Lía é unha rapaza especial, dende cativa é capaz de ver os Vareti, espíritos elementais que protexen o mundo. Cando as cousas comezan a se torcer na vila, decátase de que algo non vai ben. Quen está provocando desastres? Quen son eses seres que apareceron de súpeto? Xunto con Brisa, a súa inseparable amiga, tentará solucionar a desfeita antes de que cobre dimensións épicas. ...
    Entrega en 24 - 48h

    12,50 €11,88 €

  • UNHA HISTORIA FANTÁSTICA -5%
    UNHA HISTORIA FANTÁSTICA
    HEITZ, BRUNO
    Un álbum divertido e brillante, unha historia disparatada que se resolve grazas á creatividade e á actitude positiva. Unha camioneta cos freos avariados. Que podería saír mal? Tras o choque inevitable, o condutor ponse mans á obra e constrúe un curioso vehículo coa parte dianteira da vaca e o remolque da camioneta. O peculiar resultado non é de todo satisfactorio, aínda que unh...
    Entrega en 24 - 48h

    14,00 €13,30 €

  • OS ECOS DO VENTO -5%
    OS ECOS DO VENTO
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Doce poemas de Antonio García Teijeiro para doce mulleres creadoras con ilustracións de Noemí Villamuza. Juana de Ibarborou, Gabriela Mistral, María Cristina Ramos, Mercedes Calvo, María Elena Walsh, María José Ferrada, Cecilia Pisos, Rosalía de Castro, Beatriz Giménez de Ory, María Teresa Andruetto, Laura Devetach e Gloria Fuertes. Creadoras, poetas ou narradoras de diferente...
    Entrega en 24 - 48h

    16,00 €15,20 €

  • FORMIGAS. MISIÓN ENTROIDO -5%
    FORMIGAS. MISIÓN ENTROIDO
    PERE TOBARUELA
    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Entroido» as FORMIG4S enfróntanse ao doutor Paumao durante estas populares festas. Que tramará o malévolo científico? A brigada especial será capaz de poñer freo aos seus plans...
    Entrega en 24 - 48h

    12,95 €12,30 €

  • DANIELA PIRATA E A MALVADA CICLOPE -5%
    DANIELA PIRATA E A MALVADA CICLOPE
    ISERN, SUSANNA
    Unha malvada ciclope está aterrorizando os mares e, aínda que o valente príncipe do Reino do Sol decide detela, ela aprésao para facer unha boa sopa con el. O rei do Sol ofrecerá unha gran recompensa a quen ceibe o seu fillo. Moitos o intentan, pero ninguén o consigue, e corre a voz de que a ciclope é invencible. Daniela e a tripulación do Caimán Negro cren que poden derrotala,...
    Entrega en 24 - 48h

    14,90 €14,16 €

  • CHARLOTTE -5%
    CHARLOTTE
    VERCHER, CONSUELO
    Unha emotiva historia de familia, convivencia e solidariedade. Un breve relato cheo amor e sabedoría sobre a xustiza, o sentido da vida e a morte desde os ollos da infancia. Charlotte, co seu case sete anos, empeza a escribir as súas memorias. Encántalle cambiar de nome, abrazar ao seu irmán, liberar grilos ou inventar palabras. O seu pai traballaba deseñando motores para avión...
    Entrega en 24 - 48h

    16,00 €15,20 €

  • CARAMOMIA -5%
    CARAMOMIA
    LEDICIA COSTAS / MARÍA LADO / DANIEL LANDESA / O HEMATOCRÍTICO
    O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio. É posible que a súa veciña sexa algo máis ca unha anciá encantadora? Será certo que garda relación cos misteriosos roubos que se están producindo na cidade? O Hematocrítico, María Lado, Daniel Landesa e Ledicia Costas uníronse ...
    Entrega en 24 - 48h

    12,95 €12,30 €

  • EU TAMÉN FUN PEQUENA -5%
    EU TAMÉN FUN PEQUENA
    CONCHA BLANCO
    Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual: fálalles do mundo rural da época, da nula presenza da tecnoloxía ou das escasas infraestruturas. A través dos recordos da avoa e das preguntas que fan as nenas Ana e Mariña, abórdanse temas como o coñecemen...
    Entrega en 24 - 48h

    12,95 €12,30 €

  • MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA -5%
    MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA
    CARLOS LABRAÑA
    Unha nena está desexando explorar o parque infantil que abriron ás aforas da vila. Mentres xoga, encontra por casualidade un boneco enterrado. É un soldado de porcelana que lle conta que viviu na vila hai moitos anos, pero non é quen de lembrar o seu nome nin como acabou nese lugar. Coa axuda da súa familia, a nena intentará recompoñer o crebacabezas para que o boneco poida ato...
    Entrega en 24 - 48h

    12,95 €12,30 €

  • A TRIBO DO MAR -5%
    A TRIBO DO MAR
    LOIS PÉREZ
    Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infr...
    Entrega en 24 - 48h

    12,95 €12,30 €

  • UNHA VECIÑA DE PELÍCULA -5%
    UNHA VECIÑA DE PELÍCULA
    IRIA MISA
    O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado. Entre os obxectos do máis curioso que Alice leva ao novo fogar, destaca un vello reprodutor de cine que axiña chama a atención dos irmáns. Grazas a el, e guiados pola estrafalaria veciña, os rapaces vivirán aventuras só imaxinables ...
    Entrega en 24 - 48h

    12,95 €12,30 €

  • MORTO DE FAME -5%
    MORTO DE FAME
    O HEMATOCRÍTICO
    A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador. Mentres, Draculiño vai como cada noite visitar o seu amigo Lobiño, que lle garda algúns doces que prepara na súa pastelaría para que o vampiro poida cear, xa q...
    Entrega en 24 - 48h

    12,95 €12,30 €

  • O CADERNO DE RAMA -5%
    O CADERNO DE RAMA
    ANXEL CON X
    Por mor da guerra que asola a cidade, un rapaz queda orfo. Cando é trasladado ao orfanato, descobre que as únicas pertenzas que lle quedan (un caderno e uns lapis que lle regalara a súa nai), teñen poderes máxicos: todo o que debuxa vólvese realidade. Co poder da imaxinación e a axuda dos novos amigos que crea, tentará fuxir do orfanato e atravesar a cidade p...
    Entrega en 24 - 48h

    13,95 €13,25 €

  • MINILIBROS IMPERDIBLES 7 -5%
    MINILIBROS IMPERDIBLES 7
    VARIOS AUTORES
    KALANDRAKA presenta os seus contos máis coñecidos, reunidos nunha caixiña chea de libros… pequenos e soños… moi grandes. Goza destas pequenas bibliotecas para levar no bolso ou na mochila e ler en calquera lugar. Esta caixa contén os seguintes títulos: A viaxe de mamá Chuvisca Moncho e a mancha O osiño Chispa Sete monstros e u...
    Entrega en 24 - 48h

    11,00 €10,45 €

  • SOÑAR CON DINOSAUROS -5%
    SOÑAR CON DINOSAUROS
    AHLBERG, ALLAN
    Unha nova e trepidante aventura dos esqueletos máis divertidos. Nesta ocasión son perseguidos en soños por orixinais osamentas de dinosauros ata que o valente esqueleto de can desencadea un terrorífico e divertido final. Despois de Os esqueletos divertidos, Kalandraka recupera outro álbum desta serie clásica i...
    Entrega en 24 - 48h

    16,00 €15,20 €

  • AMIGOS -5%
    AMIGOS
    CARLE, ERIC
    Un álbum de Eric Carle que expresa de xeito sinxelo pero profundo o verdadeiro valor da amizade. Compartían xogos, bailes e confidencias ata que a distancia os separou. Mais non houbo río, montaña, bosque, chuvia ou escuridade que impedise que se volvesen atopar. Cunha linguaxe sinxela e unhas ilustracións cheas de cor e expresividade, este ...
    Entrega en 24 - 48h

    16,50 €15,68 €

  • TRECE ANOS DE BRANCA -5%
    TRECE ANOS DE BRANCA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distin...
    Entrega en 24 - 48h

    13,00 €12,35 €

  • A VISITA -5%
    A VISITA
    FIGUERAS, NÚRIA
    XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado Unha pequena raposa queda soa na tobeira e pese á advertencia da súa nai de non abrirlle a porta a ninguén, deixa entrar a unha visita sorprendente: o Silencio. Tras uns instantes de desconfianza e medo aprenderá xunto ao seu invitado que non se necesita música para bailar, xa que os latexos do te...
    Entrega en 24 - 48h

    16,00 €15,20 €

  • UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA -5%
    UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA
    CARLE, ERIC
    Regresa ao catálogo de Kalandraka a obra máis emblemática de Eric Carle, un clásico internacional imprescindible traducido a máis de sesenta idiomas e do que se venderon máis de cincuenta millóns de copias. Un domingo soleado, unha eiruga nace dun ovo. É pequena pero ten moita fame. Por iso, día a día, percorre as páxinas perforadas deste libro devorando todo canto atopa ao seu...
    Entrega en 24 - 48h

    16,00 €15,20 €

  • O ELEFANTE QUE PERDEU O SEU OLLO -5%
    O ELEFANTE QUE PERDEU O SEU OLLO
    OFOGO, BONIFACE
    Unha nova viaxe ao corazón de África a través dun conto sobre a importancia da calma para enfrontar as dificultades. O elefante acostumaba quitar un ollo para xogar ao pimpón coma se fose unha pelota. Un día lanzouno tan alto que acabou caendo ao río e, como non conseguía encontralo, perdeu completamente os nervios. Canto máis se ...
    Entrega en 24 - 48h

    16,00 €15,20 €

  • OS MIGRANTES -5%
    OS MIGRANTES
    SIMONETTI, MARCELO
    Ao acabar un día de escola, dous irmáns reciben a nova de que dous migrantes van chegar ao colexio. Migrantes? Como é a primeira vez que oen esa palabra, pasarán a tarde pensando nos seus posibles significados: quizais sexan pasteis ou mascotas como os ourizos cachos ou talvez, palíndromos! E se resulta que son espíritos malignos...? Que ocorrerá en...
    Entrega en 24 - 48h

    16,00 €15,20 €

  • TEÑO 14 ANOS, E NON É UNHA BOA NOVA -5%
    TEÑO 14 ANOS, E NON É UNHA BOA NOVA
    WITEK, JO
    Efi regresa á súa casa na aldea tras o curso escolar na cidade. Aos seus catorce anos, as vacacións e o reencontro coa familia e amigos énchena de felicidade. Porén, a realidade non tarda moito en golpeala con forza: alcanzou a idade núbil e os seus pais prometérona en matrimonio. Os soños de seguir estudando para converterse en enxeñeira e axudar a me...
    Entrega en 24 - 48h

    18,00 €17,10 €

  • OSO PARDO, OSO PARDO, QUE VES AQUÍ? -5%
    OSO PARDO, OSO PARDO, QUE VES AQUÍ?
    MARTIN, BILL
    Un oso pardo, un paxaro vermello, un pato amarelo ou un cabalo azul son algúns dos curiosos personaxes que asoman por este divertido álbum acartonado ideal para aprender as cores e os nomes dos animais. Un texto rítmico, encadeado en formato de preguntas que animan os lectores e lectoras a participar e interaccionar. Un libro ideal para desfrutar en...
    Entrega en 24 - 48h

    13,00 €12,35 €

  • DA CABEZA AOS PÉS -5%
    DA CABEZA AOS PÉS
    CARLE, ERIC
    Un novo Eric Carle en galego e formato acartonado da man de Kalandraka. Entre a cabeza e os pés temos moitas partes do corpo, partes que compre coñecer e nomear. Percórreas con este divertido libro acartonado que convida a nenos e nenas a levantarse da cadeira e a moverse imitando os xestos dos animais. Xira a cabeza como un pingüín, inclina o pescozo como a xirafa, golpea o pe...
    Entrega en 24 - 48h

    13,00 €12,35 €

  • ANIMAIS FANTÁSTICOS DE ALDEA -5%
    ANIMAIS FANTÁSTICOS DE ALDEA
    ANDREA GARCÍA MARTÍNEZ
    O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán. Os adultos non atopan unha explicación lóxica aos estraños sucesos que comezan a padecer, pero Xanciñ...
    Entrega en 24 - 48h

    12,95 €12,30 €

  • ASTÉRIX O GALO -5%
    ASTÉRIX O GALO
    RENÉ GOSCINNY
    O primeiro álbum da serie de cómics máis popular do mundo. Con este título nace Astérix, o mítico heroe galo creado polos famosos Goscinny e Uderzo. Para descubrir o segredo da poción máxica que lles dá aos habitantes da irredutible aldea unha forza sobrehumana, os romanos secuestran a Panorámix, o druída. Astérix, acompañado polo seu fiel amigo Obélix, terá que rescatalo. ...
    Entrega en 24 - 48h

    12,95 €12,30 €

  • A PIONEIRA -5%
    A PIONEIRA
    HÉCTOR PENA TABOADA
    De Ester din que é unha "marimacho". Tamén lle chaman "muller hombruna". E só porque lle gusta xogar ao fútbol. Ou, quizais, porque o seu corazón non latexa ao ritmo que dita a sociedade. Talvez é moito pedir para A Coruña de hai cen anos. Loitar contra todo e contra todos para facer realidade os seus soños é a súa razón de ser. Pero a Guerra Civil e a represión do fascismo pod...
    Entrega en 24 - 48h

    12,95 €12,30 €

  • ÁNXELA E SPENCER -5%
    ÁNXELA E SPENCER
    CARLOS MEIXIDE
    Na aldea onde vive Ánxela, os muíños do parque eólico deixaron de xirar coma todos os días. A xente di que houbo un accidente, que unha avioneta se estrelou contra eles, que o exército anda a facer pescudas pola contorna... As preguntas aumentan cando Ánxela atopa, no galiñeiro da súa casa, un peluchiño adorable con aspecto de toupa. Di que se chama Spencer. Pero... Quen é? De ...
    Entrega en 24 - 48h

    12,95 €12,30 €


01 02 03 04 05 06 07 08 09 10